Moure, Teresa (2003): “ A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización”, Grial, 160: 19-29.
A autora do artigo, T. Moure, pon de manifesto unha necesidade urxente dos profesionais da lingüística de loitar contra a desaparición constante das linguas do mundo, o cal se traduce nunha diminución da diversidade lingüística. Isto é necesario, porque dende hai moito tempo, a globalización provoca a pérdida de moitas linguas que carecen de prestixio e de recoñecemento por parte da sociedade occidental. Ademais, esta situación é responsable da desaparición progresiva do obxecto de estudo dos lingüistas.
A estructuración en partes do artigo responde a un interese por parte da autora de contar cal é a situación actual das linguas coma si de un conto se tratase e dirixido a un público xeral que non necesariamente coñece cal é o labor que realizan os profesionais da lingüística.
O problema semella ser de raiz escolar mais sobretodo debido á política que rexe a escola. Na primeira parte do artigo, a autora céntrase na exposición desta problemática e ilustra o seu punto de vista cunha serie de datos, neste caso, algunhas das vinte linguas mais faladas do mundo e das que moi poucos cidadáns occidentais ouviron falar. Saliéntase desta maneira a tremenda ignorancia da que somos víctimas os europeos e tamén o fracaso da escola nese eido.
Na segundo parte do artigo, a autora explícanos o que lle ocorre a todas e cada unha das linguas que carecen de prestixio, recoñecemento e representación política nunha sociedade globalizada. Lamentablemente as máis fortes pasan a substituiren ás máis febles, é decir, mentres que as linguas con representación política máis poderosa gañan territorio, as demais, que son por certo a maior parte, subsisten en precario ou desaparecen. Esta perda do patrimonio da humanidade que son as linguas do mundo semella a perda de diversidade biolóxica, e precisamente este é o exemplo do que bota man T. Moure para por de manifesto a importancia do problema. Opino que a alusión que fai a autora co título desta segunda parte é moi afortunada xa que aporta unha ironía que axuda ao lector a se concienciar da gravedade do asunto. Ao final desta parte a autora dinos que a solución debe ser tomada polos lingüistas xa que teñen que defender o seu eido de estudo.
Na terceira parte do artigo: As linguas do mundo e a idea de linguaxe, T. Moure expón cal foi a tarefa lingüistica realizada tanto polos poderes políticos na época da colonización coma a dos profesionais da lingua como por exemplo os primeiros gramáticos. Di que a ciencia que facían hai séculos evolucionou e que agora os lingüistas precisan orientar os seus estudos á ecolingüística para defender o multilingüismo.
Por último, na última parte do artigo, a autora menciona a DUDL como a iniciativa máis notoria a favor do multilingüismo e para o respecto ás linguas. Non obstante, semella non ser suficiente. E para finalizar T. Moure describe unha situación idealizada na que toda esta problemática se corta de raíz empezando por solucionar o problema das linguas na escola, conseguindo que todos coñezamos a diversidade lingüítica do mundo e con isto o ser humano teña unha relación e convivencia mellorada.
Como conclusión, considero que este artigo é unha boa chamada a atención dos lingüistas e unha forte reinvindicación en defensa das linguas en perigo de extinción fronte as linguas máis poderosas e o seu negocio.